i am like october when i am dead by Steve Roggenbuck  

(Galician Translation)

Translated by Ismael Ramos

____________________________________________________________



son coma outubro cando estou morto



non me importa ler un poema

quen pensas que son, robert frost?

eu nunca estiven no bosque e odio camiñar




/




deus, axúdame, vou guindar o meu veciño do edificio




/




bebo corenta litros de leite de arroz e arríncolle os faros dianteiros ó meu coche

agora están máis ca idos

hai un programa na canle de historia sobre a profecía maia da fin do mundo

xúpiter está no sur do ceo

quérote no sur coma os furacáns en xúpiter




/




marchaches

para comer tiña cacahuetes




/




teño dou xirasoles murchando no estante

xa está

iso é todo

o poema rematou, marcho




/




escalando unha igrexa

grazas a deus

carrexando comigo un angazo xigante para asustar os transeúntes




/




o pasado febreiro conducín cara a casa dende a biblioteca ao lado do complexo

deportivo finch, sigur rós estaba posto no reproductor de cd do coche cun adaptador

de casette


vin un elefante saíndo dun camión de circo no aparcadoiro do complexo deportivo

finch




/




ao meu sobriño polo seu aniversario

vou estrangular teu pai

non me importa

non teño medo




/




se me chamas, non responderei

estou sentado baixo a lúa dentro dunha carreta




/




son coma outubro cando estou morto

aí está a miña man

son coma os asasinos de xente




/




pregunteille a meu pai se a colleita de millo estaba acabada

está máis que acabada, dixo meu pai




/




o himno no funeral da miña avoa di “mulleres, subordinádevos aos vosos maridos,

como convén segundo o señor”

hai cinco meses vin un vídeo dun can que era arroxado dentro dun compresor de lixo




/




oh, levas posto un mandil




/




aluguei unha película e gravei enriba dúas horas de min mesmo

no vídeo estou berrando cumpridos á miña familia

queimo a propósito o coche

celebro o inicio dunha gran carreira





http://iamlikeoctoberwheniamdead.com